Si, múdome. A partires de agora podedesme atopar localizado e asentado no blogomillo, con novo aspecto e coa mesma retranca e posts inacabables. Xa sabedes, a miña nova dirección:
Guerra de bites: o que está por vir
Publicado Setembro 18, 2006 por MiguelCategorías: De leria, Linux
Mira ben esta pantalla, fixate en cada detalle e agora che direi que no 2007 todo cambiará. É a guerra dos sistemas operativos!.
Windows ralentizou tanto o seu ciclo de produción que case está obridago a se apurar a preparar o seu novo sistema e isto será en breve. Apple manten o seu constante ritmo de renovación e ten prevista e en marcha o seu proximo lanzamento, e isto logo de pouco tempo de rodaxe do tigre (OSX 10.4). E Linux coma sempre non ten dono e constantemente se renova, medra coma o cancro que invade a rede. Porén hai un fito en Linux que o cambiará todo: KDE4. Cousas do destino ou leas da competición estes lanzamentos viran a se producir ó abri-lo novo ano, 2007. A guerra está servida e isto é o adianto do que nos espera:
Windows Vista: o dilatado ciclo debe de rematar. Xa van polo menos cinco anos sen que Windows se renove e os consumidores e as empresas, especialmente, comezan a se anoxar. Así que en Novembro sairá para a industria o Vista, logo de ser retrasado multiples veces. Para o común dos mortais, e por 239$, esta edición estará dispoñible, previsiblemente, para o Febreiro do 2007. Novidades?. Realmente espéranse moi poucas. Nin a interface nin o sistema de administración do sistema han cambiar así que todo se reduce a un lavado de cara, algunha fotocopia de Mac e se cadra algunha mellora, “teórica”, en canto á seguridade ou outras cousiñas. Iso si, Microsoft batallará con todo o seu dispositivo de ventas (e xurídico) ata facer de Vista unha necesidade para nós.
Mac OSX Leopard: Se ben Apple non deixa de ser un vendedor de hardware non é ninguén sen un potente sistema operativo que manexe o produto. Está idea básica fai que Apple poña especial interese en lanzar, de xeito riguroso e relixioso, unha actualización do seu sitema cada pouco tempo que lle permita mante-la confianza dun amplo grupo de empresas e particulares adicados, en especial, á multimedia (músicos, estudos de filmografía mais tamén cientificos da biotecnoloxía), que teñen necesidade dun sistema robusto e fiable. Non olvidemos tamén a eses ghiris con cartos que demandan novas cousas cada pouco. Total, que o Leopardo tócalle de ve-lo mercado na primavera do 2007, ó pouco de que saia Vista. Como sempre, o que se espera de Apple son novas melloras na xa esplendida interface e soporte para máis dos seus produtos (iPod, iPhone,
, se cadra…). Incluirá o xa sonado Time Machine que permitirá recuperar calquera archivo xamais posuido e incluso recuperalo tal como estaba nun momento dado.
Mais, Linux?. Os dous grandes escritorios estrela do Linux (“as caras” preparan tamén lanzamentos. Aquí está a batalla:
Gnome 2.18: de Gnome pouco se pode dicir, se cadra cabería dicir algo semellante ó Leopardo de Steve Jobs: “Sempre constantes e sempre sumando”. O Gnome 2.18 estímase que sairá o 26 de Febreiro con máis funcionalidades pero sen grandes novidades. Os amantes de Ubuntu se cadrá han ter que esperar antes de ver grandes cambios. Mais igualmente Gnome ten os seus adeptos e un novo lanzamento supón sempre un gran acollemento así que cando se produza o gran barullo ali estarán os gnomos plantando cara na batalla.
KDE4: Aquí si, aquí librarase a gran batalla. Pois os da “K” hai máis de ano e medio decidiron algo tremendamente irresponsable, algo tremendamente temerario e ata de tolos: rachar co feito e rediseñar de cero a maneira en que se debe traballar co ordenador. Decidiron que o escritorio era para interactuar con el, para que fora elegante, atractivo mais funcional, sempre posto a disposición do que facemos. O que de KDE4 puidemos saber ata agora rompe tódolos esquemas e traerá unha revolución semellante a que no 1984 se produciu cando un tio en Apple deseñou e apostou por ese trebello chamado “rato” e o imaxinase controlanto iconas e ventás (o grande Steve Jobs et al.) . Agorá KDE4 quere ir mais aló e integrar mellor o escritorio, centralizar o seu control e actuar segundo o que se lle pida e o que se estea a facer. Para iso puxeron ós artistas traballando dende o comezo cos desenvolvedores, iniciaron o proxecto Plasma, o proxecto Solid e kde-artist.org e están a parir algo novo.
Sobre KDE4 hei de escribir con máis detalle. Só hei avanzar un par de cousas. O escritorio deixará de ser un lugar para simplemente deixar iconos. Imaxínense ter un reloxo na barra de ferramentas, ou un “miniprograma”, e coller e arrastralo ó escritorio para que siga ali funcionando ou de telo no escritorio e movelo á barra de tarefas. Isto será Plasma. Agora imaxínense que falan con Bush por Skype e tes o correo e a dicrección postal (actualmente sinxela)del na axenda, con Angela Merkel por Gtalk e sabedes o teléfono particular e con Putin por Messenger. Cando vos chame Bush veredes na barra de tarefas o aviso e poderas decicir se lle respondes escribindo, cunha chamada ou un correo inmediatamente e cun só par de clics. En caso de que sea Merkel polo Gtalk se cadra decices devolverlla chamándoa á casa dende Skype. Igual tamén os podes xuntar ós tres nun chat a catro cun só clic, porque despois de Decibel e PIM non che han importa-los protocolos ni os programas que teñas que usar.
Isto é do pouco que avanzo do que dará de si KDE4 que é moi proabable que empece a se probar este outono e estea dispoñible na primavera do 2007, inda que non hai datas marcadas no proxecto.
Supoño que quedou claro cales son os motivos para falar da guerra dos bites; que neste caso será a dos OS: Vista vs. Leopard vs. Linux con KDE4. A sorte está botada!.
Coidado coa Ninja. Susa, claro!))
Publicado Setembro 16, 2006 por MiguelCategorías: Linux
“O teu Linux está listo”
Vaia as que se gastan os de Novell presentando o novo SLED10, e non é para menos!!.
Publicado Setembro 15, 2006 por Miguel
Categorías: Sen clasificar
Mac contra Microsoft!. A diferenza é brutal.
Velaquí o primario (hehem, de primate) Steve Ballmer:
no seu famosismo “developers” ( que conta cun explendido video-remix)…
…e velaquí Steve Jobs, cofundador de Appel e actual xefazo. A elegancia é extrema. Neste video aparece presentando o iPod nano. Algunha vez se preguntaron para que serve o peto pequeno dos pantalóns?:
Dicir que o orixinal iPod collía nun peto, mais non no pequeno. O espéctaculo que este tipo (e a súa compañía) poden crear é de niveis tan altos que son merecedores de calquera galardón ó estilo Emmy. Outro día xa contarei o do “aw! I fotgot it… there’s one more thing“.
Primatesoft
Publicado Setembro 13, 2006 por MiguelCategorías: Sen clasificar
Que me perdoen tódolos primates (entre os cales me atopo), pero, este tio é quen dirixe Microsoft?, en serio?. Vexan!:
É Ballmer, por se non quedou claro. Por se non o sabiades Bill Gates deixa a dirección de Microsoft en 2 anos e este primate é quen dirixirá a empresa, que de facto xa a dirixe. Vaiche boa!.
Cego!, O Teu ordenador non o controlas Ti
Publicado Setembro 12, 2006 por MiguelCategorías: Linux
Estímase que se lle podería dicir isto ó 15% dos usuarios de ordenadores do mundo,… claro, de ordenadores Windows. Isto é o que se di do gran risco que supón usarmos Windows… en masa [·]. Asi o conta eWeek que recolle a gran preocupación dos gurus da informática e os cambios que Microsoft Vista incorporará en (inane) resposta ó gran problema.
E é que usar un único sistema a escala planetaria, como actualmente acontece xa que Windows conta co 95% do share, supón que as ameazas que rondan a internet, chámense virus, worms troianos ou spam; poderían atacar en masa, é o mesmo tempo, tódolos ordenadores e colapsar, literalmente, a internet (Isto recórdame á dinamica de poboación dos parasitos, que se note a faceta de biólogo). Fágase aquí o apuntamento de que Windows se está a introducir no mercado dos móbiles, até o de agora dominado polo SymbianOS. Sumen: internet e mercado telefónico. Imaxínase un ataque simultaneo de ambos?. Percátense ata que punto este problema ten repercusión económicas que é obxecto de arduo debate nos grandes escenarios políticos do mundo: o congreso dos USA e o Parlamento Europeo.
Porén nun escenario diverso en sistemas operativos o risco minimízase dun xeito brutal. Sigo dicindo que isto me recorda ó modelo da dinamica de poboación dos parasitos, onde a posibilidade de infección do parasito esta controlado pola presenza de posibles victimas mais tamén da propia virulencia do parasito. Un parasito excesivamente virulento está advocado á extinción. Isto é de facto o que está acontecer agora mesmo: ese 15%!!! de ordenadores (Windows) cegos correspóndese con autómatas, ordenadores controlados por hackers* e que a ollos dos seus donos non parecen infectados.
O novo Windows Vista, como non amais de fotocopiar a Macintosh fotocopiará a Linux tamén. Incorporará, en resposta ó anterior, unha medida de seguridade básica: contrasinais de sitema e contas de usuario. Esta característica simple fai ós Linux e ós MacOX practicamente inmunes ós virus e bechos anexos. Si, oiron ben; en MacOX e Linux pódese dicir que non existen nin virus nin worms nin troianos nin espias. Rotundamente non!. De feito inda está por aparece-lo primiero virus real que sexa quen de se saltar este mecanismo de protección. Windows, 15 anos despois, introduce esta característica dun xeito light. Xa hai quen demostrou que non serve pois é posible desactivala cun só clic. Iso si, han de vende-la como un gran avance en seguridade.
Prometo afondar na cuestión da segurade en Linux que vai moito máis alo disto. Unha das mellores ferramentas en acción ata agora é AppArmour de Suse (openSUSE e SLED) quen combinado co firewall e as medidas de seguridade xenéricas do Linux produce un sistema a proba… da mesma rede. O lagarto baila samba!, xa o dixen, non?
*hacker: fago uso aquí do termo deturpado e refírome á esa escoria social que procura negocio, cartos ou entretemento a costa de atentar contra a seguridade na rede. Saibase que hacker é un termo a reivindicar polo pais creadores do Linux et all.
A chave do futuro. Aprendan hoxe os que gobernen África mañá
Publicado Setembro 9, 2006 por MiguelCategorías: De leria, Linux, OSS
A xente do terceiro mundo pasa fame, morre de epidemias e grazas ó imperialismo europeo decimonónico viven hoxe aturdidos na maré da globalización. As ONGs, conscientes disto, pidennos a todas horas misericordia e axuda en forma de comida, menciñas ou mans traballadoras. Mais, e se a resposta ó problema non fora esa?. Hai quen di “un ordenador por neno”, iso salvará África. Eu tamén o digo.
Xaneiro do 2005, Davos, Suiza. O científico computacional ianqui Nicholas Negroponte revela un gran proxecto, “o seu gran soño”. Gardándolle as costas a MIT Media Lab e seis grandes xigantes da industria tecnolóxica: Google, AMD, Red Hat, BrightStar Corporation, News Corporation e Nortel Networks e por cada un deles 2 millóns de dolares no peto. En mente os paises subdesenvoltos. Anuncia así o proxecto humanitario non lucrativo “Un ordenador por neno” [·] (OLPC).
No Novembro dese mesmo ano Kofi Annan, Secretario Xeral das Nacións Unidas, e o propio Negroponte revelan en Tunicia o primeiro prototipo destes ordenadores , os ordenadores dos 100$. Pretenden desenvolver e frabricar ordenadores axeitados para o ensino a ese baixo prezo co fin de que sexan adquiridos por paises subdesenvoltos. Nixeria xa manifestou o seu desexo de participación e pediu xa 1 millón destes ordenadores. Tras Nixeria máis.
Os beneficios destes ordenadores han de ser modernizar e reactivar a capacidade de ensino nos paises subdesenvoltos, brindándolles novas posibilidades e facilidades e, polo tanto, millorando as perspectivas de futuro dos paises que se beneficien do proxecto. As menciñas, a comida e a auga son bens radicalmente necesarios para hoxe pero inútiles para o futuro destes paises, destes continentes, África, Asia e Sudamerica; paradoxicamente tan brutalmente ricos en recursos naturais.
Entre as caracteristicas que destacan destes modelos de ordenadores, que non serán vendidos directamente senón directamente ós gobernos, son a capacidade de se comunicaren inalambricamente a través de redes de tecnoloxía de banda ancha e poder formar redes locais, por exemplo nunha escola; carecer de disco duro e posuír catro portos USB, memoria Flash de 500MB e 128MB de DRAM.
Mais este proxecto nacería eivado se non for por un simple detalle. Serán Linux, serán código aberto. Só así é posible que poidan servir para calquera persoa deste planeta xa que poden ser persoalizados, modificados e traducidos a absolutamente tódalas linguas deste planeta, sen pagar licenzas e sen depender de ninguén ó mesmo tempo que sexan innovadores e seguros. Isto só o pode ofrecer Linux e o software de código aberto. É por isto que nas mentadas arriba especialmente destacan dúas compañías, as maiores compañías linux: Google e Red Hat.
De seguro non haberá ninguén na face da terra que poida facer tanto polo desenvolvemento de tódolos paises chamados do “terceiro mundo” coma a propia xente do terceiro mundo. Só eles teñen a chave do seu futuro e nós, opulentos sans e ricos, brindándolle esta oportunidade permitimos que hoxe aprendan eses nenos que no futuro serán os líderes dunha nova África, Asia e Sudamerica.
O Código Aberto e Linux teñen unha gran propiedade e é que son socialmente xustos.
5 cousas que Windows Vista non fará:: XGL & Compiz
Publicado Setembro 3, 2006 por MiguelCategorías: Linux, OSS
e que Linux xa fai:

arrastrar e deformar e reordenar ventás eficazmente,

transparencias en ventás, mesmo con videos;

alternar ventás rapidamente;

múltiples escritorios… en 3D!;

e unha volta de torca máis no manexo de escritorios.
Isto chámase XGL/Compiz é xa está en Linux (Suse, Ubuntu, Mandriva, Kate OS…).
En definitiva, o que Windows Vista non fará será isto!:
::De rebaixas!::a.k.a.::na procura da distro perfecta
Publicado Agosto 31, 2006 por MiguelCategorías: Linux
Queres aforrar 200€??. Umm…teño que repeti-la pregunta?. Creo que non.
O Windows Vista sairá probablemente por un prezo que ronde esa cantidade. Son moitos cartos para unha mala actualización do Windows XP e moitos cartos para que o o teu ordenador persoal funcione. Hai solución?. Non pagar nada.
Si, ben, e se xa decidiches mudarte a Linux despois dos meus* sabios consellos?. Elixe distro. Así que dende o meu punto de vista, estas son as distribución, variantes, do Linux que deberías considerar:
1. OpenSUSE
Actualmente baixo o paraugas da de Utah Novell, esta distro de Linux ten acento xermano. Pola súa dimensión actual, a versatilidade e a integración xeral merece ser a primeira en ser considerada. A instalación é sinxela, altamente configurable e moi segura. Logo, permite escoller entre o escritorio GNOME e KDE e incorpora unha amplisima gama de software. Ademais, existen unha boa cantidade de foros, tamén en español, específicos desta distro e as guias de axuda que incorpora son amplas e completas. Como non, a páxina oficial, coma a de Novell tamén, ofrece recursos en cantidade. Se se quere ir con seguridade é o Linux a escoller xa que e é accesible a novatos e apta tamén para expertos.
2 . Fedora
Inda que para moitos sexa a última das grandes a considerar, a miña esperiencia persoal faima recomendar. Neste caso, Fedora é a versión libre do Linux comercial RedHat, case a distro máis antiga de todas. A instalación é pan comido, moldeable e trae de serie unha chea de software. Destaca dela a cantidade de software dispoñible nos repositorios. A axuda da comudidade na rede, as guías etc é ampla. É igualemente axeita para principiantes.
3. Ubuntu
“Linux para humanos”. Con esta frase esta distro fixo furor dende a súa aparición hai apenas ano e medio. Conta se cadra xa coa comunidade Linux máis activa e probablemente a máis ampla. Naceu baixo o esponsor da sudafricana Canonical e parte da afamadisima Debian. Co escritorio GNOME por defecto, está distro pretende ser sinxela e accesible. Porén pode pecar de intratable cando se trate de realizar tarefas un tanto “especializadas”. A consola segue a ser vital para calquera que se enfronte a esta distro. En canto ó repertorio de software dicir que é realmente amplo e que posúe un sistema elegante de xestión das aplicacións instaladas. Dende logo esta distro da que fun usuario non conta co meu visto e prace e non a recomendo a ningún “novato”. Porén heille de conceder o respecto que se merece dicindo que se debe de ter en conta.
4. Mandriva
Recoñecida durante moitos anos como unha das mellores distros para principiantes, Mandriva conserva inda este posto e con meritos. Malia a sofrir unha ralentización do seu momentum, e perda de parte da súa comunidade, esta distro parece que volve a gañar pulo e ser unha das grandes opcións, especialmente no sector tecnolóxico. A distro francesa, que absorveu a Conectiva e parte de Lycoris, naceu da man de Redhat. Conta cunha ampla variedade de software e un manexo gráfico das aplicacións excelente. Amais, é das distros com maior internacionalización: está dispoñible en 72 linguas diferentes. Dende logo é unha opción de peso para os principiantes mais probablemente non unha distro que vaia a quedar sempre no noso escritorio.
Agora ben, vós sodes quen decidides se queredes un Linux e que Linux queredes. A miña experiencia persoal levoume a openSUSE, con escritorio KDE, e probei, literalmente, ducias de Linux (tiña un ordenata vello que me serviu de laboratorio). Dende que din configurado o meu *@#!:_@^ modem Thomsom SpeedTouch 330 ( o de Telefonica, *@&#%!) case non volvín a entrar no meu Windows XP e inda non botei nada en falla nin descubrín nada que non poida facer na miña Susiña. Alá vós!.
Windows Vista por un ollo da cara!, Os prezos oficiais foron filtrados)
Publicado Agosto 29, 2006 por MiguelCategorías: De leria
Así é. A páxina oficial canadense de Microsoft, presumiblemente por erro, mostraba os prezos do futuro Windows Vista de Redmon. Estes son algúns dos prezos que ensinaba (dolares canadenses):
Versión Completa:
Windows Vista Ultimate : 499$ (351 €)
Windows Vista Buissness: 379$ (270 €)
Windows Vista Home Premium: 299$ (210 €)
Windows Vista Home Basic: 259$ (180 €)
Actualizacións a Vista:
Windows Vista Utimate Upgrade: 299$ (210 €)
Windows Vista Home Basic Upgrade 129$ (91 €)

Wooh!, mira ti porqué estaban tan contentiños. Iso será o que che coste ver esa pantalla que teñen ás costas (leghalmente) [>].
Incluso lle podes votar unha ollada a estes videos e ve-la Vista en acción [>],[>] (Vista Intro) [>]. Hai algún video máis por aí pero eu case che recomendo que non perda-lo tempo. Se queres comparao aquí [>], [>], coa Suse 10.1 (o meu novo OS; prezo de mercado: 0€; funcionalidades: todas as que quero) ou en OSVids con quen ti queiras. Eu de ti aforraba eses 90-350 e compraba un iPod ou unha nova pantalla de plasma para o teu flamante…Linux.
PD: eses son os prezos mostrados para Canada, o cambio a Euro é consonte ó cambio de divisas actual e non significa que sexa o prezo de mercado en Europa, inda que presumiblemete se vaia a situar finalmente entorno a estes.

Windows Vista: o dilatado ciclo debe de rematar. Xa van polo menos cinco anos sen que Windows se renove e os consumidores e as empresas, especialmente, comezan a se anoxar. Así que en Novembro sairá para a industria o Vista, logo de ser retrasado multiples veces. Para o común dos mortais, e por 239$, esta edición estará dispoñible, previsiblemente, para o Febreiro do 2007. Novidades?. Realmente espéranse moi poucas. Nin a interface nin o sistema de administración do sistema han cambiar así que todo se reduce a un lavado de cara, algunha fotocopia de Mac e se cadra algunha mellora, “teórica”, en canto á seguridade ou outras cousiñas. Iso si, Microsoft batallará con todo o seu dispositivo de ventas (e xurídico) ata facer de Vista unha necesidade para nós.
Mac OSX Leopard: Se ben Apple non deixa de ser un vendedor de hardware non é ninguén sen un potente sistema operativo que manexe o produto. Está idea básica fai que Apple poña especial interese en lanzar, de xeito riguroso e relixioso, unha actualización do seu sitema cada pouco tempo que lle permita mante-la confianza dun amplo grupo de empresas e particulares adicados, en especial, á multimedia (músicos, estudos de filmografía mais tamén cientificos da biotecnoloxía), que teñen necesidade dun sistema robusto e fiable. Non olvidemos tamén a eses ghiris con cartos que demandan novas cousas cada pouco. Total, que o Leopardo tócalle de ve-lo mercado na primavera do 2007, ó pouco de que saia Vista. Como sempre, o que se espera de Apple son novas melloras na xa esplendida interface e soporte para máis dos seus produtos (iPod, iPhone,
Gnome 2.18: de Gnome pouco se pode dicir, se cadra cabería dicir algo semellante ó Leopardo de Steve Jobs: “Sempre constantes e sempre sumando”. O Gnome 2.18 estímase que sairá o 26 de Febreiro con máis funcionalidades pero sen grandes novidades. Os amantes de Ubuntu se cadrá han ter que esperar antes de ver grandes cambios. Mais igualmente Gnome ten os seus adeptos e un novo lanzamento supón sempre un gran acollemento así que cando se produza o gran barullo ali estarán os gnomos plantando cara na batalla.
KDE4: Aquí si, aquí librarase a gran batalla. Pois os da “K” hai máis de ano e medio decidiron algo tremendamente irresponsable, algo tremendamente temerario e ata de tolos: rachar co feito e rediseñar de cero a maneira en que se debe traballar co ordenador. Decidiron que o escritorio era para interactuar con el, para que fora elegante, atractivo mais funcional, sempre posto a disposición do que facemos. O que de KDE4 puidemos saber ata agora rompe tódolos esquemas e traerá unha revolución semellante a que no 1984 se produciu cando un tio en Apple deseñou e apostou por ese trebello chamado “rato” e o imaxinase controlanto iconas e ventás (o grande Steve Jobs et al.) . Agorá KDE4 quere ir mais aló e integrar mellor o escritorio, centralizar o seu control e actuar segundo o que se lle pida e o que se estea a facer. Para iso puxeron ós artistas traballando dende o comezo cos desenvolvedores, iniciaron o proxecto Plasma, o proxecto Solid e kde-artist.org e están a parir algo novo.
Actualmente baixo o paraugas da de Utah Novell, esta distro de Linux ten acento xermano. Pola súa dimensión actual, a versatilidade e a integración xeral merece ser a primeira en ser considerada. A instalación é sinxela, altamente configurable e moi segura. Logo, permite escoller entre o escritorio GNOME e KDE e incorpora unha amplisima gama de software. Ademais, existen unha boa cantidade de foros, tamén en español, específicos desta distro e as guias de axuda que incorpora son amplas e completas. Como non, a páxina oficial, coma a de Novell tamén, ofrece recursos en cantidade. Se se quere ir con seguridade é o Linux a escoller xa que e é accesible a novatos e apta tamén para expertos.
Inda que para moitos sexa a última das grandes a considerar, a miña esperiencia persoal faima recomendar. Neste caso, Fedora é a versión libre do Linux comercial