A rede é túa… de novo

foxie.jpg

Firefox é o nome do éxito. Non hai dúbida!. E é software de código aberto.

Nos albores da rede, da basta arañeira, Netscape dominaba o mercado dos navegadores web e fíxoo ata mediados dos '90, claro, ata que Microsoft se lanzouse á guerra e conseguiu imperar na batalla. A fins da década xa non había dúbida: Netscape fora xa comido polo Internet Explorer (IE). Outra peza de software da compañía cun ben orixinal nome. Ah!, tamén cun logo espectular: unha "e" azul, de insistente presenza no escritorio de Windows. Brillante (Estou a ser satírico, claro!).

Mais Netscape non se rendiu e no 1998, no medio da desesperación, liberou o seu navegador ó facelo de código aberto e retando a xente a contribuír nun novo proxecto. Isto había de se-lo xerme do actual cancro da compañia de Redmon, Microsoft, pois é que o proxecto Mozilla xurdiu das cinzas deste navegador, que primeiro produciu o arquicoñecido navegador con ese nome, Mozilla, e que logo se reformou no actual Firefox, unha das actuais pezas mestras do movemento OSS e que fai treme-los cimentos do triunfo do IE na pasada década.

Como sempre hai nomes detrás de todos estes proxecto, neste caso Asa Dotzler e Mitchell Baker. O segundo dirixe con furor e paixón Mozilla.org e o primeiro é un arquitecto californiano que non sabía progamar cando entrou no proxecto pero que liderou a organización, algo, por outra banda, admirable xa que ó proxecto sumáronse centos de voluntarios, literalmente. Precisamente a magnitude do proxecto foi a causante de que este case se viñera abaixo varias veces, entre outros motivos, como certas disputas da comunidade con Dotzler e Baker e leas doutros tipos. Mais o proxecto prosperou e hoxe ofrécenos unha peza de software simplemente maxistral.

Firefox é unha gran ameaza para IE. En Norteamerica o 16% dos usuarios úsao, en Europa faino o 20% dos surfeiros da arañeria. Inlcuso en Eslovenia chégase ó 35% de uso e en Finlandia 38%!. Malia a todo en España só se chega ó 11% de uso. Firefox foi o primeiro navegador en roubarlle cota ó IE. Se IE conseguiu impoñerse a Netscape parece que agora as cousas empezan a cambiar e o herdeiro de Netscape comeza a minar o dominio de IE. A rede, por fin, xa non é de Redmon; agora é dos que a navegan.

Mais, cal é a clave do exito?. Simplemente que é unha obra de arte!. Navégase por pestañas, é dicir, podes ter abertas varias páxinas web na mesma xanela, sen necesidade de ter abertas múltiples xanelas, xestiona brillantemente as túa páxinas favoritas e é tamén un lector de RSS. Amais disto póde-lo ampliar tanto como queiras a través das extensións dispoñibles, e que son centos delas, e que permiten facer case de todo. Conta tamén con estilos visuais que o fan inda máis curriño e todo cunha instalación realmente cómoda e simple que consiste en facer "clic" e reinicia-lo navegador. Punto, sen máis.

Ah!, esquenciame!, é moito máis seguro có IE. Nin virus nin adware nin spam atacan facilmente ó navegador. IE, sinceramente, non pode presumir disto. Esta pasada semana mesmo Microsoft sacou un parche para o parche que fabricara para protexer ó IE dun fallo crítico de seguridade. Amazing!. Inda así o Firefox non é infadible pero hai centos de ollos todolos días traballando no navegador e isto tradúcese en que calquera fallo é detectado antes e dun xeito máis eficaz. De novo o altruísmo vense a converter nun xeito de beneficio e autobeneficio.

Que o navegador sexa libre e que calquera, repito, calquera, poida colaborar no proxecto produce efectos tan sorprendentes coma que o Firefox estea traducido a 43 idiomas diferentes; algo impensable para un software propietario. Os costos de tradución son, de media, os mesmos que os de desenvolmento do software, algo que non tódalas compañias están dispostas a pagar. Por desgracia, o Firefox 1.5 non conta con tradución ó galego, inda que si a tivo a versión precedente grazas á galego21, dos que xa falarei.

E todo isto, por suposto, de balde e dun xeito transparente. Firefox fai nosa a arañeira.

Explore posts in the same categories: OSS

Comment: