Unha vista ártica

vista artica.jpg

Cando se fala de quecemento global e de que acabaremos, os últimos 500mill de persoas, vivindo no círculo polar ártico (R. Lovelock, 2006, "The revenge of Gaia") e todos nós pobres mortiños de calor eu hei de falar das Vistas árticas que habemos de ter, quen sabe, se cadra máis cedo ca tarde.

Pois é que volvo a falar de pengüíns. E, si, xa sei que teño pendente algún que outro post ben que interesante, por exemplo, sobre das presuntas trabadas e traumas que poden causar estes bechos. Porén aquí lánzome a profetizar a proxima guerra, da que xa se oen tambores ó lonxe:Windows Vista vs. Suse. Tranquilos, no toleei!. En realidade é que xa nunca me veu a razón.suse.jpg

Suse é unha ben afamada distribución (digamos, versión. N.B. puristas abstéñanse de comentar isto) do pengüín, Linux. A distro xermano-ianki xa vai pola súa versión 10.1 e é das distribucións máis sólidas endexamais producidas. Incluso un afecionado coma min é quen de se afacer coa susa e perderlle o medo a tanto becho plumoso.Tanto é así que hai quen a propón coma o directo competidor "do mellor produto de Microsoft en 10 anos" (frase de casa), o Windows Vista.

Podéseme achacar que moito supoño eu ó pensar que a xente se ha afacer ó Linux, claro, porqué había perde-la xente o tempo en cambiar a outro OS?. Mais esta guerra parece inminente e mesmo poida que o Vista perda a batalla. Espera a rirte despois porque che hei de dar motivos para non o facer.

Primeiro é que Microsoft leva retrasando e retrasando as saídas dos seus produtos tanto que xa non se pode esperar nada da compañía. O creto da compañia roza mínimos entre os sectores empresariais. De feito, Window Vista había de saír no 2002 e xa van anos de retraso, non?. Tanto coma 7 (tranquilos, aprobei as mates, lol). Como moi cedo sairá no Xaneiro do 2007 e só Alá, Iavé ou María Santisima saben cando sairá a actualización deste. Parches sairán a patadas, iso seguro. Aqueles "afortunados" que puideron probar as diferentes betas do Vista saben que inda está ben cru. Rumoreabase que no Xaneiro deste ano que Redmon estaba inda pendente de remodelar o 60% do código de Vista!. Chegaron a falar de "catástrofe" na compañía, e quen o dicía eran teupas!.

Amais, Vista non será capaz de funcionar en máis da metade dos ordenadores actuais (literalmente) ou non contará coas súa cara bonita, o Aero, na meirande parte destes. De tódolos xeitos o Vista ocupa 15 G do disco duro e xa nos advertron de que 1Ghz non viría mal así que xa sabedes, toca ordenata novo e de máis de 1.200€, a ollo de bon cubeiro. Os que pensen na copia pirata, polo menos ata que se piratee, que se olviden porque os de Microsoft planean unha serie de artimañas antipirateo que darán moito que falar, e non sei eu se esta estratexia irá no seu propio beneficio. Mais ben semella que han cospen cara ó ceo!.

Claro, que inda non falei dos prezos. Esperade que me escoño!… Xa compuxen a mandibula así que sigo. En realidade non se sabe cales serán mais si que lle podemos botar unha ollada ós prezos do Office e facernos unha idea. O Office 12 custará uns 499$ a versión "Proffesional" e a reducida (e recortada), a Home, uns 144$. (Agora era un bo momento para un blogotono "caixa rexistradora" e unha voz de caixeira vella dicindo: " son 2.000€ por todo: PC, máis Vista máis Office!": inda lle falta interactividade á rede ).

Creo que sae máis barato mudarse a Linux, polo menos cos cartos do Vista págase un bo cursiño de Linux e outro de programación en Perl e outro de pesca con mosca e outro de encaixe de bolillos e outro de calceta…

Si home!. Dirás – "Pero que Windows é máis seguro"-, – "Xa, bueno!, e o meu avó traballa na NASA"- direi. Vista non ha solucionar o problema de Virus, Malware, Spyware, Adware…. (dos cales seguro que sabes demo de cousas), bechos que son infrecuentisimos en Linux ou Mac OSX. Se os solucionasen, de que habían vivir as compañías de antivirus?, pobriños!. Así que vai sumando outros poucos € á conta ($$ blogotono de novo $$) pol antivirus que che han cascar. Tampouco é que Microsoft vaia a ofertar un excelente servizo técnico, inda en caso de infección vírica ou a "BSD", a pantalla azul da morte (nunca a vistes??). Estade seguros.

Podería seguir cos motivos pero tampouco é cuestión de ser abusóns. Só, dicir que cando anuncien Vista dirannos as bondade de centos de tecnoloxía novas que inclúe, que por outra banda non son tan novas senón que levan anos en funcionamento ben nos Mac ben nos Linux. Nada novo.

Así é que eu profetizo que desde Redmon as Vistas que han de ter serán bastante árticas, malia que se muden a Alaska, pois distribucións do pengüín son xa rivais dabondo como para compertir co xigante ianki. Entre as mellores posicionadas está Suse, que cun modelo de traballo renovado ofreceranos actualizacións máis poderosas, e gratis, cada seis meses, sinxelas inda que robustas e que funcionarán sen necesidade de renova-lo PC. A guerra está servida e os termometros quencen xa. 

Explore posts in the same categories: De leria

Comment: