Síntoo, Billy. Non me puiden resistir!

Non o recoñecedes?. Vaia ho!. Seguro que si. Se vos digo que é o home máis rico da face da terra?. Ben, parece que ides encamiñados: Bill Gates a.k.a Xoanito Puertas e no cárcere!!. Vedes ben: no vaiades ó culista. Éo.
A cuestión é que ía comentar porqué está Billy de actualidade e buscando unha foto do seu careto non me puiden resistir a poñer esta, que xa a tiña esquecida e a volvir a atopar de casualidade. Xúrovos que é real, estivo fichado.
Pois ben, vaise!. Si, en dous anos retirarase do xogo activo en Microsoft e dedicarase a "filántropo", a secas, na súa función de teatro hum…, perdón!, fundación de axuda humanitaria.
E que ten que ver isto nisto. Pois que a "guerra", da cal xa vos ensinarei un gráfico mapa noutro post, pódese ver relanzada gracias a perda "deste valioso activo" de Redmon. Será Microsoft quen de substituír a Gates ou o OSS, Linux fundamentalmente, será quen de aproveita-lo seu momentum e sobrepasa-los cando se afundan no desatre?. Xa vistes que a Susa está preparada, tamén Ubuntu, poida que Fedora sexa unha boa candidata, no canto a Vista… digamos que tamén. Na comunidade OSS estanse a mover pezas, Microfot tamén. É o primeiro asalto!.