Susa Rocks!

It really does!. O lagarto baila samba. No hai máis ca velo.

A edición libre do linux de Novell Inc, Suse Linux 10.1, hai xa un par de meses que xa está dispoñible mais retomoa aquí polo que contarei un chisco máis adiante. Tódolas conclusión que se poidan sacar deste Linux son cando menos moi alentadores; e é que o lagarto baila ben. Para que comprobedes que digo a verdade haí vos vai un carameliño, que é este enlace. Inda que non lle sacarades rentabilidade a ese cursiño de inglés que pagastes seguro que si que os pantallazos son ilustrativos.

Pois ben, a versión comercial de Novell da Suse (Novell é o sponsor e lider do proxecto libre) sae o Suse Linux Enterprise, unha nova versión da afamadisima Susa dirixida á empresa inda que perfecta para calquera de nós. Para ver de que vai, ollade esta outra reportaxe, con videos incluídos. Logo de que pasmarades comentarvos que por 50$ está dispoñible, con soporte e todo o software que un poida querer usar!. Dicir que ese menú de inicio está a causar sensación e ten funcións realmente innovadoras. Evitarei facer comparanzas desta volta, iso será noutro momento; mais queda claro que hai vida fóra de Windows!.

Explore posts in the same categories: Linux

Comment: