Tux!, colle ese teléfono!
De feito será no 2007 cando o faga: Linux será o dono do teu móbil e responderá as túas chamadas por ti. Pensaches algunha vez que o Linux fora tan ubicuo?, éo!. Ben, e ben é certo que xa hai móbiles que funcionan gracias a Linux o que hoxe comento fará do pingüín o dono absoluto da telefonía portátil.
Os operadores de telefonía móbil Vodafone e NTT DoCoMo e as compañías de provedoras Motorola, Samsung, NEC e Panasonic formarán un cluster independente para repartise costos e desenvolver software para a telefonía móbil, e incluso formar unha plataforma aberta colaborativa con tal fin, baseado no sistema operativo Linux. Isto é, Linux estará tan preto de ti e tan axiña que mesmo será quen controle o teu móbil!.