leghalissate!!!
Admitámolo!, quen é o que usando Windows nunca baixou nada pirateado?. Mesmo poida que o noso Windows sexa pirateado. Amais, os programiñas costan e se hai que pagar por todo o que un necesita podemos acabar tesos, non?. Suma: antivirus, firewall, programas de oficina (editor de textos, diapositivas,folla de cálculo…), editores de imaxe, video, reprodutores de música ou video… Non pretendas mercar todo isto, directamente, non!. Así que de facto, a maioría da xente que emprega Windows está a cometer algún tipo de ileghalidade. Certo?. Imaxinade ademais o que isto supón para calquera africano ou calquera persoa do mal chamado “terceiro mundo”: unha barreira infranqueable.
Hai unha solución!. A solución é gratis e chámase Linux. Dende o momento cero, dende ese mesmo instante en que o noso Linux está a funcionar contamos xa con tódolos programas que un poida desexar. De feito, do que un máis se sorprende o empezar con Linux é a gran cantidade de software que un xa ten e que descoñece por completo. Todos estes programas son libres, de código aberto, potentes, útiles e manexables. Con Linux e co FOSS esquencémonos dos contratos, o abuso mercantíl e as absurdas licenzas!.
Así que xa sabedes, a millor maneira de leghalissarse é empreghar Linux!!. Leghalíssate!