::De rebaixas!::a.k.a.::na procura da distro perfecta

Queres aforrar 200€??. Umm…teño que repeti-la pregunta?. Creo que non.

O Windows Vista sairá probablemente por un prezo que ronde esa cantidade. Son moitos cartos para unha mala actualización do Windows XP e moitos cartos para que o o teu ordenador persoal funcione. Hai solución?. Non pagar nada.

Si, ben, e se xa decidiches mudarte a Linux despois dos meus* sabios consellos?. Elixe distro. Así que dende o meu punto de vista, estas son as distribución, variantes, do Linux que deberías considerar:

1. OpenSUSE

opensuse_7.gif Actualmente baixo o paraugas da de Utah Novell, esta distro de Linux ten acento xermano. Pola súa dimensión actual, a versatilidade e a integración xeral merece ser a primeira en ser considerada. A instalación é sinxela, altamente configurable e moi segura. Logo, permite escoller entre o escritorio GNOME e KDE e incorpora unha amplisima gama de software. Ademais, existen unha boa cantidade de foros, tamén en español, específicos desta distro e as guias de axuda que incorpora son amplas e completas. Como non, a páxina oficial, coma a de Novell tamén, ofrece recursos en cantidade. Se se quere ir con seguridade é o Linux a escoller xa que e é accesible a novatos e apta tamén para expertos.

2 . Fedora

fedora_logo.pngInda que para moitos sexa a última das grandes a considerar, a miña esperiencia persoal faima recomendar. Neste caso, Fedora é a versión libre do Linux comercial RedHat, case a distro máis antiga de todas. A instalación é pan comido, moldeable e trae de serie unha chea de software. Destaca dela a cantidade de software dispoñible nos repositorios. A axuda da comudidade na rede, as guías etc é ampla. É igualemente axeita para principiantes.

3. Ubuntu

ubuntu-colours.jpg “Linux para humanos”. Con esta frase esta distro fixo furor dende a súa aparición hai apenas ano e medio. Conta se cadra xa coa comunidade Linux máis activa e probablemente a máis ampla. Naceu baixo o esponsor da sudafricana Canonical e parte da afamadisima Debian. Co escritorio GNOME por defecto, está distro pretende ser sinxela e accesible. Porén pode pecar de intratable cando se trate de realizar tarefas un tanto “especializadas”. A consola segue a ser vital para calquera que se enfronte a esta distro. En canto ó repertorio de software dicir que é realmente amplo e que posúe un sistema elegante de xestión das aplicacións instaladas. Dende logo esta distro da que fun usuario non conta co meu visto e prace e non a recomendo a ningún “novato”. Porén heille de conceder o respecto que se merece dicindo que se debe de ter en conta.

4. Mandriva

mandriva.jpg Recoñecida durante moitos anos como unha das mellores distros para principiantes, Mandriva conserva inda este posto e con meritos. Malia a sofrir unha ralentización do seu momentum, e perda de parte da súa comunidade, esta distro parece que volve a gañar pulo e ser unha das grandes opcións, especialmente no sector tecnolóxico. A distro francesa, que absorveu a Conectiva e parte de Lycoris, naceu da man de Redhat. Conta cunha ampla variedade de software e un manexo gráfico das aplicacións excelente. Amais, é das distros com maior internacionalización: está dispoñible en 72 linguas diferentes. Dende logo é unha opción de peso para os principiantes mais probablemente non unha distro que vaia a quedar sempre no noso escritorio.

Agora ben, vós sodes quen decidides se queredes un Linux e que Linux queredes. A miña experiencia persoal levoume a openSUSE, con escritorio KDE, e probei, literalmente, ducias de Linux (tiña un ordenata vello que me serviu de laboratorio). Dende que din configurado o meu *@#!:_@^ modem Thomsom SpeedTouch 330 ( o de Telefonica, *@&#%!) case non volvín a entrar no meu Windows XP e inda non botei nada en falla nin descubrín nada que non poida facer na miña Susiña. Alá vós!.

Explore posts in the same categories: Linux

Comment: