Cego!, O Teu ordenador non o controlas Ti

Estímase que se lle podería dicir isto ó 15% dos usuarios de ordenadores do mundo,… claro, de ordenadores Windows. Isto é o que se di do gran risco que supón usarmos Windows… en masa [·]. Asi o conta eWeek que recolle a gran preocupación dos gurus da informática e os cambios que Microsoft Vista incorporará en (inane) resposta ó gran problema.

E é que usar un único sistema a escala planetaria, como actualmente acontece xa que Windows conta co 95% do share, supón que as ameazas que rondan a internet, chámense virus, worms troianos ou spam; poderían atacar en masa, é o mesmo tempo, tódolos ordenadores e colapsar, literalmente, a internet (Isto recórdame á dinamica de poboación dos parasitos, que se note a faceta de biólogo). Fágase aquí o apuntamento de que Windows se está a introducir no mercado dos móbiles, até o de agora dominado polo SymbianOS. Sumen: internet e mercado telefónico. Imaxínase un ataque simultaneo de ambos?. Percátense ata que punto este problema ten repercusión económicas que é obxecto de arduo debate nos grandes escenarios políticos do mundo: o congreso dos USA e o Parlamento Europeo.

Porén nun escenario diverso en sistemas operativos o risco minimízase dun xeito brutal. Sigo dicindo que isto me recorda ó modelo da dinamica de poboación dos parasitos, onde a posibilidade de infección do parasito esta controlado pola presenza de posibles victimas mais tamén da propia virulencia do parasito. Un parasito excesivamente virulento está advocado á extinción. Isto é de facto o que está acontecer agora mesmo: ese 15%!!! de ordenadores (Windows) cegos correspóndese con autómatas, ordenadores controlados por hackers* e que a ollos dos seus donos non parecen infectados.

O novo Windows Vista, como non amais de fotocopiar a Macintosh fotocopiará a Linux tamén. Incorporará, en resposta ó anterior, unha medida de seguridade básica: contrasinais de sitema e contas de usuario. Esta característica simple fai ós Linux e ós MacOX practicamente inmunes ós virus e bechos anexos. Si, oiron ben; en MacOX e Linux pódese dicir que non existen nin virus nin worms nin troianos nin espias. Rotundamente non!. De feito inda está por aparece-lo primiero virus real que sexa quen de se saltar este mecanismo de protección. Windows, 15 anos despois, introduce esta característica dun xeito light. Xa hai quen demostrou que non serve pois é posible desactivala cun só clic. Iso si, han de vende-la como un gran avance en seguridade.

Prometo afondar na cuestión da segurade en Linux que vai moito máis alo disto. Unha das mellores ferramentas en acción ata agora é AppArmour de Suse (openSUSE e SLED) quen combinado co firewall e as medidas de seguridade xenéricas do Linux produce un sistema a proba… da mesma rede. O lagarto baila samba!, xa o dixen, non?

*hacker: fago uso aquí do termo deturpado e refírome á esa escoria social que procura negocio, cartos ou entretemento a costa de atentar contra a seguridade na rede. Saibase que hacker é un termo a reivindicar polo pais creadores do Linux et all.

Explore posts in the same categories: Linux

Comment: