Guerra de bites: o que está por vir

Mira ben esta pantalla, fixate en cada detalle e agora che direi que no 2007 todo cambiará. É a guerra dos sistemas operativos!.

Windows ralentizou tanto o seu ciclo de produción que case está obridago a se apurar a preparar o seu novo sistema e isto será en breve. Apple manten o seu constante ritmo de renovación e ten prevista e en marcha o seu proximo lanzamento, e isto logo de pouco tempo de rodaxe do tigre (OSX 10.4). E Linux coma sempre non ten dono e constantemente se renova, medra coma o cancro que invade a rede. Porén hai un fito en Linux que o cambiará todo: KDE4. Cousas do destino ou leas da competición estes lanzamentos viran a se producir ó abri-lo novo ano, 2007. A guerra está servida e isto é o adianto do que nos espera:

bililogo.pngWindows Vista: o dilatado ciclo debe de rematar. Xa van polo menos cinco anos sen que Windows se renove e os consumidores e as empresas, especialmente, comezan a se anoxar. Así que en Novembro sairá para a industria o Vista, logo de ser retrasado multiples veces. Para o común dos mortais, e por 239$, esta edición estará dispoñible, previsiblemente, para o Febreiro do 2007. Novidades?. Realmente espéranse moi poucas. Nin a interface nin o sistema de administración do sistema han cambiar así que todo se reduce a un lavado de cara, algunha fotocopia de Mac e se cadra algunha mellora, “teórica”, en canto á seguridade ou outras cousiñas. Iso si, Microsoft batallará con todo o seu dispositivo de ventas (e xurídico) ata facer de Vista unha necesidade para nós.

leopardo.pngMac OSX Leopard: Se ben Apple non deixa de ser un vendedor de hardware non é ninguén sen un potente sistema operativo que manexe o produto. Está idea básica fai que Apple poña especial interese en lanzar, de xeito riguroso e relixioso, unha actualización do seu sitema cada pouco tempo que lle permita mante-la confianza dun amplo grupo de empresas e particulares adicados, en especial, á multimedia (músicos, estudos de filmografía mais tamén cientificos da biotecnoloxía), que teñen necesidade dun sistema robusto e fiable. Non olvidemos tamén a eses ghiris con cartos que demandan novas cousas cada pouco. Total, que o Leopardo tócalle de ve-lo mercado na primavera do 2007, ó pouco de que saia Vista. Como sempre, o que se espera de Apple son novas melloras na xa esplendida interface e soporte para máis dos seus produtos (iPod, iPhone, ;) , se cadra…). Incluirá o xa sonado Time Machine que permitirá recuperar calquera archivo xamais posuido e incluso recuperalo tal como estaba nun momento dado.

Mais, Linux?. Os dous grandes escritorios estrela do Linux (“as caras” preparan tamén lanzamentos. Aquí está a batalla:

gnomos.pngGnome 2.18: de Gnome pouco se pode dicir, se cadra cabería dicir algo semellante ó Leopardo de Steve Jobs: “Sempre constantes e sempre sumando”. O Gnome 2.18 estímase que sairá o 26 de Febreiro con máis funcionalidades pero sen grandes novidades. Os amantes de Ubuntu se cadrá han ter que esperar antes de ver grandes cambios. Mais igualmente Gnome ten os seus adeptos e un novo lanzamento supón sempre un gran acollemento así que cando se produza o gran barullo ali estarán os gnomos plantando cara na batalla.

konki.pngKDE4: Aquí si, aquí librarase a gran batalla. Pois os da “K” hai máis de ano e medio decidiron algo tremendamente irresponsable, algo tremendamente temerario e ata de tolos: rachar co feito e rediseñar de cero a maneira en que se debe traballar co ordenador. Decidiron que o escritorio era para interactuar con el, para que fora elegante, atractivo mais funcional, sempre posto a disposición do que facemos. O que de KDE4 puidemos saber ata agora rompe tódolos esquemas e traerá unha revolución semellante a que no 1984 se produciu cando un tio en Apple deseñou e apostou por ese trebello chamado “rato” e o imaxinase controlanto iconas e ventás (o grande Steve Jobs et al.) . Agorá KDE4 quere ir mais aló e integrar mellor o escritorio, centralizar o seu control e actuar segundo o que se lle pida e o que se estea a facer. Para iso puxeron ós artistas traballando dende o comezo cos desenvolvedores, iniciaron o proxecto Plasma, o proxecto Solid e kde-artist.org e están a parir algo novo.

Sobre KDE4 hei de escribir con máis detalle. Só hei avanzar un par de cousas. O escritorio deixará de ser un lugar para simplemente deixar iconos. Imaxínense ter un reloxo na barra de ferramentas, ou un “miniprograma”, e coller e arrastralo ó escritorio para que siga ali funcionando ou de telo no escritorio e movelo á barra de tarefas. Isto será Plasma. Agora imaxínense que falan con Bush por Skype e tes o correo e a dicrección postal (actualmente sinxela)del na axenda, con Angela Merkel por Gtalk e sabedes o teléfono particular e con Putin por Messenger. Cando vos chame Bush veredes na barra de tarefas o aviso e poderas decicir se lle respondes escribindo, cunha chamada ou un correo inmediatamente e cun só par de clics. En caso de que sea Merkel polo Gtalk se cadra decices devolverlla chamándoa á casa dende Skype. Igual tamén os podes xuntar ós tres nun chat a catro cun só clic, porque despois de Decibel e PIM non che han importa-los protocolos ni os programas que teñas que usar.

Isto é do pouco que avanzo do que dará de si KDE4 que é moi proabable que empece a se probar este outono e estea dispoñible na primavera do 2007, inda que non hai datas marcadas no proxecto.

Supoño que quedou claro cales son os motivos para falar da guerra dos bites; que neste caso será  a dos OS: Vista vs. Leopard vs. Linux con KDE4. A sorte está botada!.

Explore posts in the same categories: De leria, Linux

Comment: