Archive for the 'De leria' Category

Adeus!, múdome!

Setembro 25, 2006

Si, múdome. A partires de agora podedesme atopar localizado e asentado no blogomillo, con novo aspecto e coa mesma retranca e posts inacabables. Xa sabedes, a miña nova dirección:
[  A Trabada do Pingüín  ] 

Guerra de bites: o que está por vir

Setembro 18, 2006

Mira ben esta pantalla, fixate en cada detalle e agora che direi que no 2007 todo cambiará. É a guerra dos sistemas operativos!.
Windows ralentizou tanto o seu ciclo de produción que case está obridago a se apurar a preparar o seu novo sistema e isto será en breve. Apple manten o seu constante ritmo de [...]

A chave do futuro. Aprendan hoxe os que gobernen África mañá

Setembro 9, 2006

A xente do terceiro mundo pasa fame, morre de epidemias e grazas ó imperialismo europeo decimonónico viven hoxe aturdidos na maré da globalización. As ONGs, conscientes disto, pidennos a todas horas misericordia e axuda en forma de comida, menciñas ou mans traballadoras. Mais, e se a resposta ó problema non fora esa?. Hai quen [...]

Windows Vista por un ollo da cara!, Os prezos oficiais foron filtrados)

Agosto 29, 2006

Así é. A páxina oficial canadense de Microsoft, presumiblemente por erro, mostraba os prezos do futuro Windows Vista de Redmon. Estes son algúns dos prezos que ensinaba (dolares canadenses):
Versión Completa:
Windows Vista Ultimate : 499$ (351 €)
Windows Vista Buissness: 379$ (270 €)
Windows Vista Home Premium: 299$ (210 €)
Windows Vista Home Basic: 259$ (180 €)
Actualizacións a Vista:
Windows [...]

Bye Bye, Billy Boy!

Agosto 25, 2006

Así é Billy, isto é un adeus, e tamén un requiem. Mais, oes, o requiem non é por ti.
Sei que o pasamos ben. Desfrutei contigo coma con ningún outro, ó cabo contigo empecei nisto. Debo de recoñecelo, foron moitas horas de alegrías, tristura polo que me contabas e euforia pola música que me poñías. Porén [...]

Vergoña allea a.k.a Microsoft á altura da….

Agosto 5, 2006

…, ben; esquencerei esta última palabra e quedareime simplemente con vergoña allea. Rushh! e mira que os pobres teñen mala sorte. Non hai máis ca recordar cando a Bill Gates lle saltou unha pantalla azul “da morte” durante unha demonstración pública. Desta volta o caso non é ese mais case: senón vexan o video.

Trala mofa [...]

Grazas!!, por me aturar!

Agosto 3, 2006

Teño que dalas grazas: nas últimas 24h este meu blog recibiu 134 visitas e iso é de agradecer!. Inda que sigo sorprendido por como os títulos das entradas poden facer que a xente te lea. Por exemplo a entrada coa que máis xente me leu foi “leghalissate” e “Ibarra’s way”, inda que “Acrónimos que rozan [...]

Viaxe a Terra de Linux I

Xullo 31, 2006

Hai viaxes que levan tempo, de feito Terra de Linux, aka LinuxLand, pode estar lonxe. Facer unha viaxe a un paradisso de amplas vistas como esas e desfrutar das augas da liberdade pode ser unha viaxe longa, poida que dificil. Porén, igual có camiño de Santiago, cando un chega a Catedral os pés non lle [...]

A Xunta move pé e reúnese cos Trasnos

Xullo 22, 2006

A Xunta invertiu unha boa cantiade na tradución do OpenOffice e agora move pé. Segundo KDE. News nesta nota, A Xunta de Galicia reuniuse co Proxecto Trasno, que agrupa a gran maioria dos traductores a galego do software libre, e mostroulle as súas intencions de apoialos a través de certas inciativas, que xa irei [...]

A UE páralle os pés a Microsoft!

Xullo 12, 2006

- “Ningunha compañía está por riba da lei” -, así o di Neelie Kroes, Comisionada para a Competencía da Unión Europea, trala condea da propia Unión ás prácticas abusivas da americana Microsoft. Hoxe mesmo a Unión Europea impuxo unha multa de 280.5 mill. de euros a Microsoft por non subministar ós seus competidores a  información [...]