14 millóns de pingüíns!

Posted Agosto 28, 2006 by Miguel
Categories: Sen categoría

Ben, inda que poderían ser arredor de 29 mill. de usuarios de Linux. Isto é o que estima esta web [>] que anima ós Linuxeiros a ser rexistrar. Son unha boa morea de pingüíns, inda que o share de usuarios de Linux ronde un baixo 1% isto comeza xa a ser unha cifra a considerar [>]. Velaí os Mac co 4% de share, e estes si que gastan máis en publicidade. En fin, que se as ventas de SLED e outros linux comerciais vai no ritmo que van, isto é, increiblemente ben, e as descargas de distros como Ubuntu e openSuse tamén o fan, e fano, este 1% pronto será superado, malias as “vistas” que estean por vir. Para exemplo o meu, :) )).

Bye Bye, Billy Boy!

Posted Agosto 25, 2006 by Miguel
Categories: De leria

Así é Billy, isto é un adeus, e tamén un requiem. Mais, oes, o requiem non é por ti.

Sei que o pasamos ben. Desfrutei contigo coma con ningún outro, ó cabo contigo empecei nisto. Debo de recoñecelo, foron moitas horas de alegrías, tristura polo que me contabas e euforia pola música que me poñías. Porén eu digoche hoxe adeus. Bye Bye, Billy Boy! ‘coz I’ll see ya no more!.

Inxusto?. Podes dicir de min que son inxusto?. Non cho creo. Recordas esas longas tardes instalandoche drivers, esas horas nas que te poñías teimudo e me dicias a cantidade de erros que estaba a cometer sen parar, ata me fartar de te oir, esas pantallas azuis e esas horas nas que me daba de conta de que perdera todo o que tiña gardado, incluso esas fotos daquela festa?. Logo recorda as veces que enfermaches e tiven eu que apandar ben horas en repunantes foros preguntando por un tal malware e indo a buscarche antivirais?. Sempre me dicias que che intalara parches e todo, para que?. Logo era o mesmo e veña máis antivirais, firewalls e máis parches para outros tantos fallos críticos teus. Iso que xa non es un neno. Ah!, estaba farto de te configurar, de te amañar, de aguantar as túa manías.

Pronto me din de conta de contigo as cousas nunca eran para sempre, que non eran seguras e que en calquera momento me habías traizoar. Así que busqueime a vida por aí fora e encontrei quen me acompañe mellor ca ti. De feito, xa o fixen.

Mais agora débome de lamentar!. Perdir a grandes amigos. Así que:

Requiem por Miranda IM, quen me deu felicies e comodas horas de chat

Requiem por eMule, quen me deixou todo o que tiña sen rechistar

Requiem por Shareaza, a tía máis presumida e elegante das P2P

Requiem por LastFM player, ese tipo que me recomendaba música

Requiem por CDBurnerXP, quen millor ca el

Requiem por ISOBurn, fiable, sempre con disciplina militar

Ben son ben prezados cada un deles, mais ó cabo para eles tamén atopei substituto. Así que non é realmente unha despedida tan triste. Coñecín a Amarok, Kaffeine, Kopete, LabPlot, aMule, digiKam, k3b,… Todos son moi amables comigo. I just feel right at home ;) .

Adeus Windows XP, adeus!. Eu xa son (logo de ser quen de configura-la internet) un usuario enturrado e fanático da openSuse, vamos, da Susiña.

Bye Bye, Bylly boy!, I’ll pay you no more!.

1117119227suse.jpg

…Seica os aliens navegan pola internet!?

Posted Agosto 19, 2006 by Miguel
Categories: OSS

mg_5560sized.jpg

Pois semella que si, e ademais empregando o produto de código aberto estrela, o Firefox.

PD: os alien foron collidos infraganti en plena acción e semella que son deste planeta, senón vexan [>].

Linux mobilízase

Posted Agosto 18, 2006 by Miguel
Categories: Linux

…da man da norueguesa Trolltech [·]. Pois é que poida que o teu próximo móbil sexa algo parecido a este:

344633880f99f10c54f5e7e1480e7b121.jpg

o Qtopia GreenPhone. Os nórdicos desenvolveron este móbil como unha base das futuras novas gammas de móbiles de diversas compañías, que poden así desenvolve.los seus produtos dun xeito máis barato. Tal é así que poida que o teu próximo móbil sexa semellante a este, que non estará dispoñible para o gran público. Como non, este que vedes funciona gracias a Linux.

Isto é parte do que dou de si a recentemente celebrada LinuxWorld Expo [·] en San Francisco. Porén puideronse ver alí outras tantas novidades coma este móbil Motorola Ming [·], que funciona grazas a Linux, o Motorola 680 [·], a versatil i-Station T43 PMP [·],(Ben vedes que linux non só está nos PC senón que tamén se mobiliza.),mais sobre de todo os portátiles de Lenovo.

É que finalmente a grande empresa de hardware Lenovo [·] instalará a Suse Linux Enterprise Desktop 10 (SLED 10, a distro de Linux comercial de Novell) en toda a gama de ThinkPad. Wooh!!. Se as descargas de openSUSE xa son de cifran escandalosas e as da SLED altamente suxerentes este novo pulo fará que Linux se mova… a pasos de xigante.

A guerra, como xa dixen, está servida, creadelo ou non.

1000 anos máis para o galego

Posted Agosto 11, 2006 by Miguel
Categories: Sen categoría

Ese é un obxectivo ben loable de intentar o conseguir entre todos. Velaí o fermosisimo Irlandés con polo menos 3.000 anos e o antiquisimo Euskera. Esperemos que os galegos sigamos a falar Galego por moito tempo.

Mais, neste mundo cambiante, globalizado, as culturas deben de se adaptaren ás novas tecnoloxías que, paradoxo da vida, nacen no seo mesmo da cultura. Logo tamén a lingua debe debe se adaptar á informática pois a través dela será, case seguro, que reciba moito do pulo que lle dea mil anos máis. En só poucos anos, arredor de 50, das 6.000 linguas do mundo estinguíronse máis da metade ou esperase que o fagan en moi poucos anos. Estas desaparicións relacionanse coa globalización, a mestura ou erradicación de culturas e etnias mais tamén coa desvinculación da lingua materna co avance da sociedade. Por iso digo que a lingua debe neste século ir vencellada a informática se quere perdurar.

É por isto que dende hai uns cantos anos na rede xorden equipas de tradución ás linguas do mundo, ben da man do OSS, o software de código aberto (xa que este o permite). O galego conta cunha chea de voluntarios, anónimos, que operan a través da rede para ofrecer ferramentas na nosa lingua. Os logros desta comunidade, na que colaboran moitos a reo ou outros tantos que coma min colaboran con pequenas aportacións, son moitos. O traballo inxente realizado non ten prezo.

Agrúpanse hoxe en día, esencialmente, no Proxecto Trasno [web], inda que existen outros grupos e proxectos diversos amais deste. A labor realizada por toda a xente que participa neste grupo é loable e está a producir grandes logros.

Como novidade que se pode avanzar xa é que seguramente a equipa de tradución do KDE ó galego dea traducido case á hora do lanzamento o entorno gráfico KDE4, que se espera para finais do ano!!. Actualmente o galego conta co 76% da versión en desenvolvento do KDE, situándose  no 14ª posto en avance da tradución. Dicir que os nosos irmáns os portugueses xa teñen todo o traballo feito e van na cabeza de lista.

No nome de Deus, Ubuntu

Posted Agosto 6, 2006 by Miguel
Categories: Sen categoría

Que descargaría Xesús, noso señor?: “Ubuntu Christian Edition”. Ben, pois esta xoia, esta edición do popular Ubuntu, pódese descargar dende a dirección “www.whatwouldjesusdownload.com” para máis INRI. E nótese que acabo de facer un chiste, LOL!!.

Segundo os creadores desta edición especial do ubuntu, Linux sería o que o nazareno descargaría e todos os cristías debería usar. Amais, esta xoia da informática conta con ferramentas tan básicas na vida dos creentes coma unha biblia electrónica, para procurar nela cada palabra do mesias, e “outro software cristía espectacular”.

Espero que a redención sexa con todos aqueles que sigan os consellos destes ubunteiros pastores electrónicos, mais non podo deixar de fantasear noutras edicións posibles do Linux. Por exemplo, un “Ubuntu Palilleiras de Camariñas”, con soporte para almofada elecrónica, unha “Ubuntu Porno edition” con tódolos videos de Pamela Anderson de serie,  “Susa Gay SOHO”, cun ecritorio persoalizable nas sete cores do arco da vella, “Freespiris Moteros Edition” con soporte para comprimir a pantalla e poder ve-la ben a través do casco ou mesmo “Fedora Geek’s Tamagochi Edition”, para aqueles que viven máis co ordenador que coa súa dona e necesitan de contacto “humano”. E que me perdoen tódolos moteros, geeks, palilleriras e tódolos mentados, pero idea non me parece máis ca ridícula.

E diredes, e a parabola?. Ben, pois que como Linux é gratis, libre e modificable, a liberade que ofrece é absoluta. Non credes?.

PD. se a alguén se lle ocorreu facer calquera das edicións que comento arriba que non o faga. Acábolles de poñer Copyright.   

Vergoña allea a.k.a Microsoft á altura da….

Posted Agosto 5, 2006 by Miguel
Categories: De leria

…, ben; esquencerei esta última palabra e quedareime simplemente con vergoña allea. Rushh! e mira que os pobres teñen mala sorte. Non hai máis ca recordar cando a Bill Gates lle saltou unha pantalla azul “da morte” durante unha demonstración pública. Desta volta o caso non é ese mais case: senón vexan o video.

logobilly.jpg

Trala mofa inicial do presentador, vese o video do traspés. Intentan probar un sistema de recoñecemento de voz que inclúe o Windows Vista así que, que mellor ca demostralo en vivo?. Comeza o asalariado de Billy en cuestión cunha frase inocente coma “Querida nai – coma -”; o software tan lampín escribe “Querida tía”. Ben, as dúas son parentes (Gosh!, but from Mom to aunt!), trata este de solucionar o problema e repite “fix aunt”, é dicir, “corrixe – tía -” unhas cantas veces. “Debe de estar o volume moi alto”, di, e ó pronto aparece escrito “let’s set so double the killer delete select all”, que poderiamos traducir, un pouco maliciosamente, coma ” levemos á practica iso dobrar o asasino eliminar selecionar todo”. Ben, nin aposta!.

Evidentemente o presentador segue coa mofa e non digamos a presentadora en plató, inda que, iso si, un pouco máis diplomática. Mais o máis interesante de todo o que din é “e inda así se preguntan porqué o Widnows Vista se está a retrasar?”. Poderías se-la pregunta do millón mais non, é de resposta ben evidente.

P D. se non consiguen respostar esta última pregunta do reporteiro, que epero que si, por favor, revisen de novo o video un pouco máis espertiños.

 

O Emperador dos acordes: AmaroK

Posted Agosto 4, 2006 by Miguel
Categories: OSS

Poderíase dicir que WMP é o dono da música no teu Windows, iTunes o Rei dela no teu Mac ou Windows e que, directamente, Amarok impera sobre dos bites do teu escritorio KDE. Sen dúbida Amarok é o emperador que rexe sobre de tódolos reprodutores de música, pois oubea por riba de todos!.

o-lobo.png

 

Así que aquí vos vai esta pequena revisón do lobo oubeando, logo de pasar de iTunes-eiro incondicional a Amarok-eiro fervente. Amarok traball sobre do escritorio KDE, en Linux. No meu caso Suse 10.1, como non. Inda que o seu aspecto varía consonte ó aspecto do propio escritorio Amarok pode chegar a un bo aspecto, inda que por debaixo do de iTunes. Porén as súas características sobrepasano amplamente.

amarok-xeral.png

Unha gran característica que incorpora é a de detectar automáticamente, clasificar e mostrar deste xeito os albúms, segundo a tag de cada canción. Amais, se dispós dela inclúe a carátula do album. Accedendo a etiqueta de “letras” ou “artista” o amarok ha de procurar na internert información sobre do grupo.

album1.png

 

 

barra-de-control.png

 

En horitontal amarok conta con outras etiquetas que nos mostran, entre outras, a nosa colección musical, as listas de reprodución que el mesmo nos suxire ou que nós fagamos, os dispositivos de música que teñamos conectados co ordenador, por exemplo o noso mp3 ou iPOD, ou as carpetas onde estea a nosa música.

 

O curriño mesmo mantén un sitema de estadísticas que logo nos ofrece ben a man os nosos albums favoritos, as cancións preferidas ou aquela música que case non escoitamos.

album-control.png

E como vedes, as listas de repdocdución manéxanse dun xeito ben gráfico e intelixente.

control-2.png

control.png

Entre as ferramentas que eu destacaría o ben sinxelo inda que poderoso administradar de carátulas ou o visualizador. Ah!, tamén o xestor de scripts que nos permite aumentar as capacidades do reprodutor grazas a “scripts” que podemos descargar dende a web de amarok (ou para os valentes, escribíndoo un mesmo).

ferramentas.png

 

Pero de todo o que máis admiro do amarok é a OSDD,esa barriña, persoalizable, que nos informa da canción que está a soar. Como vedes aquí funcionando na miña Suse 10.1.

instantanea6.png

Grazas!!, por me aturar!

Posted Agosto 3, 2006 by Miguel
Categories: De leria

Teño que dalas grazas: nas últimas 24h este meu blog recibiu 134 visitas e iso é de agradecer!. Inda que sigo sorprendido por como os títulos das entradas poden facer que a xente te lea. Por exemplo a entrada coa que máis xente me leu foi “leghalissate” e “Ibarra’s way”, inda que “Acrónimos que rozan o poder”, a primeira, segue sendo a 3º máis lida.

Logo tamén un se sorprende como é posible que alguén facendo a procura “malabares chino software” acabe aquí ou con “tirar virus malware gratis”. Ben, esta última si que está ben relacionada co Linux, LOL.

Sexa como sexa, grazas!!

Extremadura: Ibarra’s way

Posted Agosto 2, 2006 by Miguel
Categories: Linux, OSS

lux_rain_by_asmoday.jpg

O goberno de Extremadura, liderado polo incontinente Ibarra, acaba de face-lo salto. Extremadura oficialmente adopta Linux!. Esta comunidade leva dende hai 10 anos apoiando proxectos de código aberto e mesmo mantendo unha distribución propia do Linux. Agora decide que en un ano toda a administración debe de empregar ben .odt ou .pdf e traballar con Linux. No proxecto de migración gastarán 190.000 Euros mais aforraran 18 millóns de euros ca se todos eses equipos traballaran con software de Microsoft!.