Hai viaxes que levan tempo, de feito Terra de Linux, aka LinuxLand, pode estar lonxe. Facer unha viaxe a un paradisso de amplas vistas como esas e desfrutar das augas da liberdade pode ser unha viaxe longa, poida que dificil. Porén, igual có camiño de Santiago, cando un chega a Catedral os pés non lle doen.

Eu hai tempo que empecei o camiño, mesmo poida que case ano e medio e inda non cheguei completamente a esa terra a que algunha vez pensei en chegar completamente. A tal hora, creo que só me quedan unhas cantas xornadas para remata-lo camiño. Non me darán a Compostelana mais eu hei desfrutar da “Catedral” coma un anano, olvidarei as “vistas” anteriores e seguirei na miña busca, poida que semper eternae, da liberdade feita bites.
E agora que chego a ve-la terra dos meus soños, é hora de que saque conclusións e de que as comparta. Así que ‘í van uns consellos persoais de como mudarse de Windows a Linux:
1. Entender o porqué de Linux: Linux non pertence a ninguén e nace froito dun esforzo colectivo, que é un proceso en marcha constante e rápida que pretende ofrecer un OS para todos, para cada un de nós e para que nos chegue gratis. Porqué pagar para que o noso ordenador funcione e funcione correctamente?: iso é Linux.
2. Caer na conta de que Linux non é algo nin invariable nin inmutable nin único: Linux evoluciona e é gratis, calquera é libre do o modificar e compartir así ‘í fóra existen tantas “versións” de Linux coma xente e grupos que o modificaron. Iso son as distros, “variantes” do Linux. Una distro pode ter estar feito para que as nosas avoíñas o usen ou para que un músico produza o hit do verán.
3. Buscar que distro pode ser a máis acaida para nós: hai cento de páxinas na rede (vd. distrowatch.com) que nos informan das distros de Linux. Votar un vistazo , ver videos de como funcionan ou visita-la páxina oficial é algo esencial antes de decidirse.
4. Probar unha live: a gran maioria das grandes distros, e mesmo distros específicas, son versións live. Isto é, gravas un CD ou DVD, metelo no ordenata e reinicias. Tan axiña como arrinque estás probando un Linux, e tranquil@, o teu Windows quedará intacto, unha e outra vez. De tódolos xeitos unha live (SLAX, Knopix, PCLinux OS…) non ven mal, en caso de que o adorable de Windows falle (q non é raro): iso permitiranos rescatar a nosa información máis importante ou mesmo soluciona-lo problema.
5. Escoller o tipo de escritorio: KDE, Gnome, Xfce…?, dificil decisión. Cada distro pode que use un escritorio diferente: unhas empregan KDE e outras Gnome… inda que todas sexan Linux. O mellor é buscarse unha live e probar: SLAX emprega KDE, Gnoppix Gnome. De tódolos xeitos calquera destes escritorios é tan visual que calquera que saiba empregar un Windows ou Mac non terá ningún problema. Logo están as cuentións das preferencias, claro. Eu voto KDE!.
6 . Empregar sempre que se poida FOSS: o máis dificil de todo, de abandonar Windows e pasarse a Linux é acostumarse a empregar toda unha serie de programas diferentes. Así que, se inda non decidimos pasarnos ó Linux, o mellor é empregar software de código aberto, que logo veremos en Linux. Por unha banda aforramos cartos e por outro será máis facil o salto en caso de que o decidamos. Todo sexa dito, mesmo hai software nativo de Linux que ten edición live, inda que non traballe en Windows, caso do grandisimo Amarok!.
Estes son os consellos previos a como mudarse a Linux, dos seguintes só avanzo que ter música para aprender en Linux axuda.